COMPAÑÍA DE ÓPERA CONSTELACIÓN

Aínda que con un pouco de retraso quizais... aquí vos deixamos un pequeno-pequenísimo resumo, que practicamente non chega nin para comezar a explicar todo o que foi este camiño que nos levou nada mais e nada menos que 9 meses percorrer e no que os protagonistas son un grupiño de persoas, convertidos en formigas moi conectadas, que responden ao nome de "COMPAÑÍA DE ÓPERA CONSTELACIÓN". Larita...moitas grazas por animarnos e levarnos a facer esta andaina tan interesante e fermosa. :)