Aprendendo na Mezquita
CEIP Augusto Assía - A Mezquita
Benvidos!!!
Día de Rosalía de Castro (23/02/2026)
Aquí deixamos un pequeno resumo dalgunhas das actividades realizadas na semana de Rosalía de Castro.
CONFECCIÓN DISFRAZ ENTROIDO 2026
Aquí deixamos unhas pequenas mostra do proceso de confección e deseño do disfrace que lucimos no Desfile Infantil de Entroido de Verín 2026, así como unha mostra do desfile.
DESFILE INFANTIL DE ENTROIDO VERIN 2026
Así foi o Desfile Infantil de Entroido 2026 do ceip Augusto Assía .
VISITA DAS PANTALLAS DE XINZO , ENTROIDO 26
Hoxe tivemos a sorte de contar coa visita dun dos persoñaxes típicos do Entroido Galego , a "Pantalla de Xinzo" . Grazas a Pablo e a Fali, coñecimos un pouco máis como é o traxe e a máscara da Pantalla, cando saen, como se celebra o entroido en Xinzo, etc.
Aquí vos deixamos un pequeno video resumo da visita.
Moitas grazas Pablo e Fali pola vosa visita. Tamén agradecemos ao Champi por conseguir que viñesen.
Obradoiro : Facendo máscaras de Entroido 2026
O nenos e nenas de infantil participan no obradoiro "Facendo unha máscara para Entroido".
Club de lectura "Os tres Reinos" alumnado de 1º, 2º e 3º EP, Febreiro 2026
O alumnado de 1º, 2º e 3º de primaria participou no club de lectura do mes de febreiro onde o libro escollido foi " A filla do Grufalo " .