Ola a tod@s. Benvidos ao espazo virtual do CEIP Augusto Assía. Nel, poderedes ver actividades de clase, traballos do alumnado, recursos do Centro, festas, saídas, proxectos, etc. Un lugar para o encontro, para o coñecemento e para a convivencia de toda a nosa comunidade educativa.
Aprendendo na Mezquita
CEIP Augusto Assía - A Mezquita
O patio vai sobre rodas curso 26/27
O CEIP Augusto Assía desenvolve patios activos e inclusivos (enmarcados no seu Proxecto de Vida Activa e Deportiva - PVAD e programas do centro) para dinamizar os recreos, fomentar a actividade física e mellorar a convivencia.
Entre as actividades e materiais empregados nos recreos dinámicos, activos e inclusivos do centro inclúense:
- Uso de bicicletas e triciclos: O centro conta este curso con catro triciclos e catro bicicletas empregados polo alumnado (especialmente de infantil e primeiros cursos de primaria ) durante os tempos de lecer para favorecer o desenvolvemento motor e a participación activa.
CROSS 26/27
O CEIP Augusto Assía brilla na fase local de cross en Tintores
O alumnado do CEIP Augusto Assía completou unha magnífica participación na fase local de campo a través do programa Xogade, celebrada no circuíto de Tintores (Verín). Todos os nenos e nenas que acudiron á cita demostraron un gran esforzo, ilusión e compañeirismo, deixando moi alto o nome do colexio nesta xornada de deporte escolar.
Dende o centro queremos dar a enhoraboa a todos os alumnos e alumnas por participar e dar o mellor de si mesmos en cada carreira.
De xeito moi especial, felicitamos a Paula, Candela e Mireya pola súa clasificación para a fase provincial. Moito ánimo co adestramento e moita sorte nesta vindeira etapa; todo o colexio estará animándovos!
9 DE OUTUBRO , DÍA MUNDIAL DO CORREO .
Hoxe mesmo, 9 de outubro, celébrase o Día Mundial do Correo. Non hai mellor momento para que unha curuxa cruce os ceos de Galicia e che entregue a túa carta de aceptación de Hogwarts!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


