ENAMORIRSE

A nosa primeira saída do cole, xa nos tardaba...pero a espera mereceu a pena. Os nenos e nenas de Infantil e Primaria, fumos ao Auditorio de Ourense a desfrutar dunha actuación de clowns do máis divertida. Piojo, Ula e a seño fixeron que non perderamos ollo do escenario. Contáronnos a lenda de Píramo de Tisbe... a súa maneira claro! Porque cada pouco esquecían o que tiñam de facer, e decir.. tan divertidos eles! A interpretación, o vestiario, a luces...Xenial!! Despois, turno do bocata no Barbaña, uns xogos no parque e volta á Mezquita, quen tivera oportunidade de volver cos personaxes a dar a volta ao mundo... Sempre co soriso na maleta!