Día Europeo do Deporte Escolar


Hoxe celebramos o Día Europeo do Deporte Escolar realizando unha xornada onde resaltamos a importancia da Educación física e do deporte, xerando diversión e disfrute a través da actividade física, ademais de potenciar a inclusión social e o desenvolvemento da competencia social entre os alumnos e alumnas.
Entre as actividades realizadas nestas xornadas destacar a carreira de 2019 metros , xogos con paracaidas ( ritmos musicais), xogos de velocidade, de reacción e cooperación, xogos PPT ( pedra, papel  e tixeira ) con aros , Mini circuito de saltos e velocidade, lanzamento de aros, punteria ,  tres en raia  ou  brilé entre outros.