"Este Nadal menos é máis. Por un consumo responsable"

Un ano máis, coa chegada do Nadal,  o Equipo de Biblioteca escolar, o Equipo de Igualdade  e o Equipo de actividades complementarias e extraescolares solicitou ao Instituto Galego do consumo e da competencia (IGC) a realización dos obradoiros "InfoNadalConsumo 2019" relacionadas coas compras de Nadal e que na presente edición leva por título: "Este Nadal, menos é máis. Por un consumo responsable". 
Estes obradoiros  pretenden atender dun xeito especial os aspectos informativos sobre o consumo estas datas, co fin de garantir que cumpran os dereitos das persoas consumidoras. 
Os nenos de 3 a 7 anos participaron no obradoiro "Pido pido con sentidiño", Finalidade promover a escolla de agasallos non influenciada pola publicidade e o xénero. Afondando na elección de xoguetes seguros e sen riscos. Para isto cada neno e nena creou o seu propio xoguete.
Os nenos de 8 a 12 anos participaron no obradoiro "Publicidade e agasallos, que pido este ano?. Charla participativa na que os nenos/as reflexionarán sobre como inflúe a publicidade na elección de agasallos e a importancia de coñecer as caracteristicas reais dos productos. A continuación crearon un cartel publicitario sobre un producto novidoso destas datas, tendo en conta o traballado.