O Equipo de Biblioteca Escolar , o equipo de Normalización Lingüística e o Equipo de Convivencia e Igualdade do centro colaborou coa Mancomunidade Conso-Frieiras para traer ao colexío unha exposición e un obradoiro sobre a mesma. Esta exposición é sobre os Premios María Josefa Wonenburger Planells. É un recoñecemento as mulleres científicas de Galicia, mulleres que souberon adiantarse ao seu tempo e que abriron camiños a moitas outras.
Con esta exposición, preténdese visibilizar e facer chegar aos nenos/as as contribucións feitas polas mulleres galegas á ciencia e a tecnoloxía, todas elas foron galardonadas co Premio María Josefa Wonenburger Planells, que outorga anualmente dende o ano 2007 a Xunta de Galicia a través da Unidade de Muller e Ciencia.
Exposición cedida pola Secretaría Xeral de Igualdade , Unidade da Muller e Ciencia.