O Equipo de Biblioteca Escolar animou ao alumnado a escribir unha carta aos Reis Magos e botala no buzón que esta na porta de entrada da Casa do Concello de A Mezquita. Como o tempo non acompañou, pois estamos a sufrir os efectos da borrasca Elsa, o Concello trouxo ao centro o Buzón dos Reis Magos para que os/as nenos/as que quixeron depositaran as súas cartas.