O CEIP Augusto Assia da Mezquita deseña o cartel oficial do
“Desfile Infantil” do Entroido 2020 de Verín .
O "Desfile Infantil" do Xoves de Comadres do
Entroido 2020 xa ten cartel oficial. Esta vez foi deseñado polo noso centro. O Equipo de Biblioteca Escolar e o equipo de Normalización Linguística do centro organizaron e coordinaron o proceso de deseño e elaboración dos carteis que presentamos .
Tras elaborar tres carteis , un por clase, os representantes dos CEIPs Amaro Refojo, Castrelo do Val, Princesa de
España, Riós - Vendas da Barreira, Rodolfo Núñez de Vilardevós, CPR María
Inmaculada, CRA Monterrei, Casas Niño de Cualedro e Vilardevós (Lalá), Gardaría
da Asociación Tres Reinos de A Mezquita, Gardaría Pinocho, Kero Kolo do
Concello de Verín e os IES García Barbón e Taboada Chivite seleccionaron
mediante votación o cartel desta edición.
Neste video podedes ver un pequeno resumo de como se foron elaborando, de cales foron os tres carteis que presentamos, a ilusión que fai ao alumnado ver anunciado na prensa e nos medios de comunicación e redes socias o cartel realizado por eles, etc