Fomentando o consumo de productos do mar: Bacallau á Brás!

Hoxe o equipo de Alimentate ben en colaboración co comedor escolar preparamos unha nova receita: Bacallau á brás.
O primeiro que fixemos foi amosar ao alumnado o bacallau para que o coñeceran. Falamos das vantaxes e virtudes alimentarias do peixe, dos diferentes peixes que coñecen  e falamos das diversas maneiras de preparalo. Hoxe imos probar o bacallau á brás. 

O bacalláu á Brás é unha receta típica da cociña lusa  e de Macao nas que o ingredente protagonista é o bacallau.  É un prato rápido de facer e moi popular en casi todo o territorio portugués, sendo unha das receitas máis populares da cociña do país veciño. Trátase dun revolto de bacallau con patacas, cebola e ovos. Está verdadeiramente delicioso!!!