Queridos alumn@s e familiares do Ceip Augusto Assia.
Dicímolles adeus a este atípico curso 2019-2020 e , por primeira vez, non o imos facer todos xuntos no colexio , celebrando por un lado, o fin dunha etapa e por outro o comezo das merecidas vacacións de verán. Con estas líñas queremos agradecer a toda a Comunidade Educativa o seu esforzo, colaboración e participación.
Gustaríanos celebrar a festa de final de curso, coa graduación dos nenos de 6º de infantil e de Iria N. , alumna de 6ª de EP, á que desexamos moita sorte na súa nova etapa que pronto comezará. Sempre formarás parte do CEIP Augusto Assia , onde sempre serás benvida.
Grazas tamén ás familias que estivestes participando no proceso educativo dos vosos fillos e fillas , con gran esforzo pola vosa parte, e colaborastes co colexio na medida das vosas posibilidades.
Grazas aos docentes polo gran traballo desenvolto ao longo destes meses para dar a resposta educativa que necesitaban os noso alumnos e alumnas.
Grazas ao Concello e a Paquita , por imprimir e facerlles chegar as actividades ao alumnado.
Grazas ao Concello e a Paquita , por imprimir e facerlles chegar as actividades ao alumnado.
E en xeral, a todos os que fixestes que esta etapa educativa que nos tocou vivir, fose un pouquiño más fácil.
Oxalá o vindeiro curso comece coa maior normalidade posible, por suposto , pola saúde de toda a comunidade educativa. Non esquezades este verán as normas preventivas de hixiene e seguridade , para que na volta de setembro, o alumnado teña interiorizado o uso de mascarillas , lavado de mans , distancia social, ...
¡GRAZAS A TOD@S E FELIZ VERÁN!
Un forte abrazo a todos,
A dirección e o Claustro do CEIP Augusto Assia.