Recomendacións lecturas outubro 2020

Recomendacións de lectura 


Selección de libros para nenos e nenas de 3 a 6 años


1. Nicolás va a la biblioteca: La biblioteca facilita el acceso a muchos servicios relacionados con la lectura y el conocimiento. En una inclusiva no deberían existir barreras físicas ni de comunicación. Con la ayuda de los pictogramas, Nicolás disfruta "día a día" de muchas actividades.


Selección de libros para nenos e nenas de 6 a 9 años



1. Maruxa: 

Maruxa e Pepiño vivían na aldea.
Maruxa cosía, varría e labraba.
Benito cantaba, folgaba e durmía.
Mais un día...

Maruxa decide dar unha lección ao seu marido. Astuta, e cunha gran habilidade no manexo da retranca, logrará que Pepiño tome consciencia de que o traballo de casa está mal repartido e consegue que cambie de actitude.
Este álbum está baseado na canción popular polaca Maryna gotuj pierogi, unha das máis coñecidas do repertorio folclórico do país. Fixéronse diversas versións, desde orquestas sinfónicas, a solistas, grupos de jazz, rock... Este texto, en versos de seis sílabas, busca manter o ritmo da canción orixinal. Do mesmo modo que a canción tradicional, a autora presenta a historia en forma de dialogo, xa que o relato se basea, principalmente, na rifa que inician Maruxa e o seu home, Pepiño, cando este lle pide que faga o pan


Selección de libros para nenos e nenas de 9 a 12 años



1. Escarlatina, a cociñeira defunta: Como Román Casas quería ser un autentico chef, pediulle aos seus pais un curso de cociña para o seu decimo aniversario, que coincide co Día de Defuntos, a festa dos mortos. E nese día tan especial recibiu un megasusto, un agasallo moi singular, un cadaleito acompañado dun sobre negro onde viñan as instrucións para activar a Escarlatina, unha cociñeira falecida no seculo XIX que nunca se separa de Lady Horreur, un arrepiante arañón con acento frances.

A bordo do mortobús, os tres novos amigos e mais o gato Dodoto viaxarán ao Inframundo, onde os defuntos viven baixo as ordes de Amanito, o tirano que goberna no Alen coa axuda dos funguiños: os seus terroríficos esbirros.

Unha ducia de moi gorentosas e larpeiras receitas, as máis sabedeiras do mundo dos vivos e dos mortos, dan paso a cada un dos bocados desta historia de humor macabro que estimula o apetito do lector e a curiosidade polo mundo da cociña.