O 30 de xaneiro festexamos o día da Paz e a Non Violencia. Dedícaselle este día a Paz para lembrar o falecemento de Gandhi, que foi un activista indio pola paz e os dereitos humanos. Este ano celebramos esta data realizando distintas actividades co alumnado durante toda a semana organizado polos dintintos Equipos (Biblioteca escolar, Normalización, Convivencia e Igualdade, etc) , e que abarca diferentes áreas.
Aquí vos deixamos unha compilación dos materiais/murais elaborados para celebrar este día tan especial.
Mural:
Xogamos en paz:
Poemas polo Día da paz
Cantamos pola Paz: "Cantarela do nenos"
Debuxos pola Paz