Chega o día de San Valentín e o Equipo de Biblioteca Escolar propuxo escribir unha carta da amizade ou debuxar (no caso dos de infantil) a un compañeiro/a que sorteamos como amigo/a invisible. Cada neno e cada nena tivo que escribirlle unha carta ao amigo/a invisible que lle tocou.
Pero non so escribiron a carta os alumnos/as , tamén a escribiron os docentes e non docentes do centro.
Aquí vos deixamos algunhas fotos da actividade que desenvolvemos uns días antes de San Valentine, xa que ese día cae en Domingo.
Feliz Día da Amizade!!