Batido de froitas 2020/21

 

Conseguir que os nenos e as nenas coman froita pode chegar a convertirse, en ocasións, unha misión imposible. Por esta razón, hai que presentala doutras formas que lles pareza máis apetitosa. Aproveitando que estamos en primaveira , que mellor maneira que comer froita nun batido ben fresquiño. 

O Equipo de Aliméntate ben organizou esta actividade co alumnado de infantil para coñecer a orixe das froitas, as súas propiedades e  amosar diferentes formas de tomala .

Posteriormente o noso cociñeiro preparou estes batidos para o resto do alumnado do centro.  Bebida deliciosa  para desfrutar nun día de calor . 

Rico! Rico!