"O libro oculto" 2021

Dentro das actividades relacionados co Día do Libro que estamos desenvolvendo a longo desta semana , hoxe tocoulle a actividade denominada  " O libro oculto", deseñada dende a Biblioteca escolar polo equipo de biblioteca escolar e dirixida a todo o alumnado do centro.

Esta actividade dependendo do curso organizouse de diferente maneira: 

- Para os de Infantil consistiu en adiviñar que libro se agochaba tras un expositor de libros da biblioteca na que tiñan unha pequena pista ( un boneco/silueta de corcho que representaba personaxes de contos clásicos). A continuación cada neno e nena escolleu o que máis lle gustou e descubriu que libro se agochaba tras eles.  

As nenas de 1º e 2º de EP tamén tiñan como pista unha silueta en corcho para elixir que libro querían. 

Os alumnos e alumnas de 3º, 4º 5º e 6º EP descubriron que na biblioteca había unhas caixas con forma de libro no que podían ler unha pista sobre o contido dos libros que se atopaban agochados dentro .  Cada un/unha elixíu o que máis lle chamou a atención.

Con esta actividade tentamos buscar unha maneira de acercar os libros ao noso alumnado , facendo da literatura un espazo no que se combina o educativo co lúdico.