A alimentación dos nenos e nenas é un condicionante para o seu benestar . Unha alimentación nutritiva e equilibrada permite un desenvolvemento corporal óptimo que entre outras cousas aumenta a capacidade de aprendizaxe, estimula as defensas e permite manter un peso adecuado, todo o cal incide na saúde da persoa adulta.
Na infancia é cando se adquieren os estilos de vida alimentarios de cada persoa e os centros escolares participan nesta tarefa, xa que cada vez máis nenos e nenas comen nela. A escola é un entorno de aprendizaxe no que “aprender a comer ben e coidarse” é tan importante como aprender outras áreas do coñecemento, xa que todo este bagaxe cultural contribúe á formación integral da cidadanía do maña.
A isto hai que engadir que o comedor da escola é tamén un espacio educativo e de socialización que permite fomentar a adquisición de habilidades psicomotoras, relacións interpersoais e co medio ambiente, equilibradas e construtivas, interiorizando normas e valores de respecto e aceptación das demais persoas e de coidado do planeta no que vivimos.
Hoxe os alumnos e alumnas de infantil participaron nun taller de cociña onde elaboraron un paté con productos do mar para posteriormente desfrutar untando nunha tostada.
Posteriormente , xa na hora de xantar, todo o alumnado e docentes desfrutaron de distintos patés elaborados con productos do mar , como palitos de cangrexo, atún e mexillóns ( elaborado polo noso cociñeiro) ou o pastel de cabracho ( comprado nun supermercado). Posteriormente debatemos sobre cal lles gustou máis, o caseiro feito polo noso cociñeiro, ou o mercado.
Que rico!!!!