Recomendacións de lectura en galego
Selección de libros para nenos e nenas de 6 a 9 años
1. As fadas verdes: Un conto fantástico que resalta os valores de amizade e respeto á natureza. O lume arrasa o monte do Castro e case acaba coas fadas verdes. Pero no máis profundo da fraga sobrevive Goewín, quen vai revelar a Diana todos os segredos das gardadoras do bosque.
Selección de libros para nenos e nenas de 9 a 12 años
1. Plan de rescate : Xeila, Heitor, Aldán e Noela están traballando na aula de apoio da súa escola cando algo raro acontece. Oen un estrondo e a profe Xoana, que vai comprobar que pasou, desaparece. Onde estará? E o resto do colexio? Por que anda a policía fóra? Como di Noela: prepárate para vivir unha aventura na que hai escopetas, sangue, xuramentos e ata un plan de rescate, pero tamén un chisco de amizade, compañeirismo, traballo en equipo e mesmo algo de amor (puaggg, que noxo!).
2. O misterio dos fillos de Lúa: Ç gata Lúa desaparecenlle os gatiños ó día seguinte de telos. Por iso miaña tristeira e busca compañía. David, que busca explicación para todo, non entende este misterio. Quen lle leva os fillos a Lúa? David, coa axuda da súa amiga Branca, non ha parar ata te-la resposta.