Os cativos do CEIP Augusto Assía visitan os novos achados no Castelo Grande de Santigoso 2021

Os alumnos/as do colexio público do ceip Augusto Assia coñecen as excavacións do Castelo Grande de Santigoso coas explicacións do arqueólogo Israel Picón.

Os nenos/as acudían ao castro para mergullarse na excavación e comprobar como se traballa, os útiles que empregan e como o fan. Tamén viron os restos que polo de agora atoparon nel os arqueólogos.