O Equipo de Biblioteca Escolar ven de facer unha pequena selección de fondos da Biblioteca relacionados coa temática do Samaín e Halloween. Escollemos libros nas tres linguas (galego, castelán e inglés). Están expostos no corredor da planta baixa do centro e todo o alumnado pode escoller o que máis lle guste. Non esquezades botarlle unha ollada,
Hoxe, 27 de outubro, aqui vos deixamos unha pequena reportaxe do noso recuncho de lecturas . Como vedes algúns xa se animaron .
Tamén recordarvos que neste blog, na entrada anterior, deixamos recomendacións de lecturas, películas e series para estas datas
http://aprendendonamezquita.blogspot.com/2021/10/recomendacions-de-lecturas-peliculas-e.html