Sorpresa no CEIP Augusto Assia de A Mezquita, os novos alumnos de 1º de primaria e os novos alumnos chegados este curso, recibiron na maña deste xoves 7 de outubro de 2021, a carta de admisión directamente dende Hogwarts. Nesta reputada escola terán a oportunidade de convertirse en magos e magas.
Un honor , de novo, para o alumnado que recibíu a noticia con gran ilusión, e co listado de material para convertirse en magos e magas, e ver outro ano máis, o segundo, convertido o noso cole nunha das sedes de Hogwarts.
Moitas son as sorpresas que están por chegar.... Estades preparados?