Día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero 2021

Dentro do Plan de Igualdade e con motivo do 25N " Día Internacional contra a Violencia de Xénero"  elaboramos estes dous videos co alumnado.  


"La puerta violeta"



Basta xa!!!
O ceip Augusto Assia sumámonos ao 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero : REXEITANDO A VIOLENCIA DE XÉNERO E BERRANDO " BASTA XA!!"





Ao longo da semana pasada e desta semana  fixemos  actividades para sensibilizar ao alumnado sobre esta realidade e lacra social.  

Entre elas:

- O alumnado participou no concurso de debuxo infantil e xuvenil contra a violencia de xénero que convocou o CIM Conso Frieriras . Neste concurso participamos o CPI Laureano Prieto de A Gudiña ,  o Ceip As Vendas da Barreira  de Riós e o noso centro, o ceip Augusto Assia . 

- Os dous videos  " La puerta Violeta" e " Basta xa" ; estivemos todo o colexio preparándoo para que no día de hoxe o visualicemos no colexio. 

- O mural da muller coas bagoas,  a porta Violeta coas fotos de "Basta xa" , e as chaves contra a violencia. 

- Tamen repartimos "Flores moradas , brotes de igualdade" grazas ao CIM Conso -Frieiras 

Aqui podedes ver un resumo actividades realizadas ao longo da semana e da xornada de hoxe.