Chegou o día de San Valentín e o Equipo de Biblioteca Escolar propuxo escribir unha carta da amizade ou debuxar unha pulseira da amizade (no caso dos de infantil) a un compañeiro/a que sorteamos como amigo/a invisible. Cada neno e cada nena tivo que escribirlle unha carta ao amigo/a invisible que lle tocou.
Os nenos e nenas de Infantil tamén escribiron unha carta de San Valentín aos seus pais.
Aquí vos deixamos algunhas fotos da actividade.
Feliz día da amizade!!!