Xa está aqui o Entroido!!
Como ven sendo tradición no noso centro, un ano máis , facemos un pequeno percorrido por algún dos Entroidos tradicionais galegos. Hoxe tivemos unha sorpresa moi emocionante. Nada máis e nada menos que UNHA PANTALLA. Trátase do traxe típico do Entroido de Xinxo de Limia.
De seguido tedes un video coas fotos da presentación da Pantalla recollido polo ENDL e polo Equipo de Biblioteca Escolar onde Pablo explicou como era o traxe, como se pon e como debe comportarse A Pantalla.
Moitas grazas Pablo!!
Video baile da Pantalla