Semana Escolar da árbore e da Auga 2022

Para conmemorar estas datas o alumnado e profesorado plantou unha árbore e disfrutou da lectura ao aire libre do conto Alguén robou o inverno , que nos regalou a Diputación Ourense. 

O organismo provincial editou o conto ilustrado Alguén roubou o inverno, escrito por Xosé A. Perozo e que conta coas ilustracións de Viki Berre. A historia está protagonizada pola Ecopanda, un grupo formado por cinco adolescentes e un robot que traballa pola conservación da natureza.

Este Conto con orixe no Lindoso é unha aventura que parte dunha visita ao encoro de Alto Lindoso neste mesmo ano, no momento en que as vilas ourensás asolagadas en Lobios emerxeron pola seca.

O obxectivo da Semana Escolar da Árbore e a Auga é que o alumnado observe o fenómeno dos encoros e a utilización da auga para a xeración de enerxía eléctrica, así como a intervención do ser humano no hábitat á hora da súa adaptación ás necesidades de cada momento histórico.