Creación e posta en funcionamento do Punto Laranxa contra o acoso escolar

 

A Consellería vén de publicar o “Plan Integral contra o acoso e ciberacoso escolar” así como a actualización do “Protocolo educativo para a prevención, detección e tratamento do acoso e ciberacoso escolar”. En relación con isto, para a creación e posta en funcionamento do PUNTO LARANXA tanto físico como virtual.

O punto laranxa é unha medida impulsada pola Xunta de Galicia para intentar erradicar o acoso e ciberacoso nos centros educativos grazas á colaboración de alumnado, docentes, familiares e outras persoas próximas á comunidade educativa. O anonimato constitúe un refuxio seguro á hora de denunciar facilitando así o destape dos acosos.

- Respecto ao punto laranxa físico do noso centro, estamos esperando que chegue o “punto larnaxa” que a Consellería nos vai enviar e buscaremos un espazo para ubicalo que xa vos comunicaremos . Aquí poderedes de xeito anónimo meter unha mensaxe no buzón indicando a túa preocupación. Só poderá abrilo a persoa encargada desta tarefa e terá un carácter estrictamente confidencial.

- O punto laranxa virtual está xa páxina web do centro https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipaugustoassia/node/6) (, nun acceso directo no lateral dereito. Ao premer nel, abrirá un pequeno cadro de texto no que podes de xeito anónimo indicar a túa preocupación. Ao igual que o punto físico só poderá ser lido pola persoa encargada e terá igualmente un carácter confidencial.

Para calquer dúbida, podedes poñervos en contacto coa dirección do centro.