Hoxe o alumnado do centro participou nun obradoiro de radio impartido por Soledad Felloza .
Soledad Felloza dedícase á narración oral desde hai 25 anos. Tamén é docente, actriz, fotógrafa, escritora de literatura infantil e xuvenil e dramaturga, cunha ampla formación no campo do teatro e no eido dos contos.
Recibiu o Premio Europeo ao mellor conto para nenos e nenas por A cociñeira do rei (OQO, 2015) e publicou tamén La Vuelta al mundo (La Fragatina, 2017).
É tamén a Directora do Festival Internacional de Narración Oral Atlántica, con sede en Galicia. O seu programa de radio La casa disparatada foi declarado pola UNESCO de interese por mor da súa contribución á difusión dos dereitos da infancia. Ten editados discos de contos para nenos baixo o titulo De Tin Marín.
É columnista invitada en diferentes publicacións literarias e de teatro: Tantágora, Aedo, Clij, Primer Acto.
No obradoiro de hoxe "Había unha vez... na radio" traballaron a narración oral na radio. A radio é un medio de transmisión oral e, polo tanto, trátase do medio máis axeitado para a difusión, rexistro, recuperación e narración de historias. Na radio tampouco existe a cuarta parede. Doutro lado do micrófono está a persoa a quen lle falamos, contamos, informamos. A nosa voz vai directa ao noso obxectivo, o oínte. Iso permite os nenos e nenas "locutores" crear só coa voz un universo inmenso. A voz pode ser vento, mar, animais, chuvia. O que non se pode facer coa voz, conseguímolo recrear con efectos de son, dixitais ou manuais. Contar contos na radio é celebrar a palabra dita. A imaxinación. No obradoiro traballaron diferentes maneiras de narrar historias só para orellas