Contacontos coas familias : Contacontos polo Samaín 2024

Comezamos coas sesión de contacontos coas familias na biblioteca escolar. 

Agora que se achega a época do Samaín que mellor que Eva, a nai de Uxia, nos visite e nos conte un conto de bruxas. Nesta ocasión o conto foi "A bruxa Pampurrias":

Pampurrias era unha bruxa moi bruxa, tiña un vestido de bruxa, un gorro de bruxa, unha vasoira de bruxa, un caldeiro de bruxa e un bolso rosa que, ainda que non era moi de bruxa, lle encantaba.

Sentíase soa e quería atiopar a súa  mascota ideal, e  cando parecía que non o  conseguiría, atopouse un ovo no camiño. ¿Qué haberá dentro do ovo?