RADIOMEZQUITA, A RADIO MÁIS BONITA: MAGOSTO 2024.

Xa temos a nosa radio escolar en marcha...

Benvidas a todas e todos a este proxecto que iniciamos no cole coa participación de todo o alumnado e profesorado e dirixido á comunidade educativa. Agardamos que vos guste e podamos seguir ofrecéndovolo coa mesma ilusión coa que fixemos este primeiro programa.

Aproveitando a celebración do Magosto, o alumnado de 6º EP, fixo entrevistas e comezou a facer un podcast que compartimos coa comunidade educativa.