Dentro das actividades programadas pola Comisión de Convivencia do Centro todo o o alumnado de infantil e primaria participaron nunhas charlas sobre Educación Vial. Posteriormente realizaron un circuíto na explanada que hai diante do centro escolar co obxectivo de que se fagan responsables da súa conduta e comproben a importancia de respectar as normas viarias . Tamén disfrutaron montando nos distintos vehículos da Garda Civil de Tráfico.
Esta actividade desenvolveuse no marco do Plan Director para a Convivencia e a Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e a súa Contorna.
Moitas grazas aos membros de Protección Civil do Concello de A Mezquita e aos membros de Garda Civil que fixeron posible esta xornada.