OBRADOIROS TURING TUMBLE: ARMA COMPUTADORAS CON CANICAS

Nestes obradoiros os nenos e nenas montan ordenadores mecánicos con canIcas para resolver problemas lóxicos. Desta forma divertida aprenden cómo funcionan os ordenadores mentras xogan.

Descubrirán as cousas increiblemente intelixentes que son capaces de facer uns simples conmutadores conectados de formas simxelas. Imos montar ordenadores con seis tipos de pezas diferentes (rampas, cruces, bits, interconectores e engranaxes normais e orientadores)Nestes obradoiros ensinaremos estratexias de programación e conceptos tan abstractos como o sistema binario, as operacións binarias dunha forma divertida e tanxible.