VISITANDO FP INNOVA GALICIA 2025

O día 28 de marzo o alumnado de 5º e 6º EP visitou a exposición FP Innova Galicia 2025 na Cidade da Cultura en Santiago.

Foi unha magnífica ocasión para achegarse ás moitas posibilidades que ofrece a Formación Profesional. O alumnado poido experimentar coas novas tecnoloxías e coñecer proxectos de innovación desenvolvidos nos centros educativos de FP co fin de mellorar diversos procesos de produción e servizos.

O alumnado poido participar ademais nos obradoiros que se organizaron sobre ciberseguridade, biotecnoloxía, robótica aplicada, creación de videoxogos, realidade virtual e aumentada, aplicacións móbiles ou impresión dixital/3d, entre outros.