O mércores 7 de maio de 2025, o alumnado de primaria do ceip Augusto Assía viviu unha xornada chea de emoción e diversión grazas á actividade de xogos populares organizasa no patio do centro. Esta iniciativa, impartida por Lito, da Fundación Xaquín Lorenzo, contou cunha gran participación e implicación por parte do alumnado, que se entregou a cada unha das propostas centradas en ensinarnos os enredos e xogos típicos de antes , como por exemplo a porca.
Esta actividade non só foi un éxito en termos de participación , senón que tamén tivo unha importante lavor de preservar e transmitir as tradicións a través do xogo. O ceip Augusto Assía continua así a súa labor de fomentar un ambiente inclusivo e participativo.
Coma sempre, pasámolo xenial!