Mochilas Viaxeiras 4º, 5º e 6º EP curso 2025/26

Un ano máis están as mochilas viaxeiras en marcha!

Esta semana algúns nenos e nenas do colexio foron os primeiros en comezar esta viaxe. Pero só é o principio. As mochilas queren visitar todas as casas para levar as súas historias a través dos libros que portan. Dende agora ata final de curso irán pasando dun sitio a outro para que todos poidan desfrutalas.

Dentro da mochila, ademais dos libros, hai un triptico  para as familias para que se coñeza o seu funcionamento e un cuestionario para coñecer as opinións dos nenos e das familias.