Obradoiro Protección da Natureza 2025

Persoal do Seprona da Garda Civil ofreceu hoxe unha charla no CEIP Augusto Assía de A Mezquita no marco do seu Plan Director para falarlle ao alumnado dos incendios forestáis , de como localizan os lumes e os focos asi como dos traballos de investigación que levan a cabo.

Tamén falou sobre as bases que teñen repartidas polo territorio e os métodos de extinción dos lumes, así como dos perigos de deixar lixo no monte, o que pode provocar lumes se hai moita seca ou moito sol.

Agradecemos toda a información recibida polo axente , especialmente cando este verán a nosa contorna foi un dos lugares máis afectados este polos incendios.