Hoxe o alumnado de primaria do ceip Augusto Assía participou nuns obradoiros destinados a inculcar no alumnado hábitos saudables de alimentación na liña recomendada polos obxectivos de desenvolvemento sostible da axenda 2030.
Un equipo de persoal do Sergas de Ourense/Verín dirixiu estas actividades coa finalidade de incidir nos estilos de vida dos nenos e nenas, xa que estes xogan un papel fundamental na saúde das persoas. Por iso, para facer cambios cara uns hábitos máis saudables é preciso convertelo nun acto consciente, xa que o coñecemento, as emocións e as habilidades xogan un papel decisivo. Os estilos de vida, e neles a conduta alimentaria saudable e o exercicio, teñen enormes beneficios no benestar e na prevención da enfermidade, coa vantaxe de ser factores modificables, por elo é clave integralos na aprendizaxe dos nenos e nenas.
Obradoiro 1º e 2º EP