ENCONTRO CON ISAAC ALONSO ESTRAVIZ

Hoxe tivemos unha visita moi especial no ceip Augusto Assía, a do lexicólogo e profesor galego Isaac Alonso Estraviz , que veu a darlles unha charla aos nenos e nenas do ceip Augusto Assía. 

Presentounos o seu  libro " Contos con Reviravolta" e fixo unha pequena doación dos seus libros para a nosa biblioteca. 

Isaac A. Estraviz , filólogo , filósofo , exfraile e autor do máis importante diccionario electrónico galego-portugués, confesounos que o seu maior pecado é "falar galego". Falounos da su etapa no mosteiro de Oseira ,da súa etapa de docente, de que coñeceu a Augusto Assía ( Felipe Fernández Armesto) , periodista galego nacido na nosa localidade e de quen o noso centro recibe o nome, etc. 

Queremos darlle as gracias a este GRAN ILUSTRE, defensor do galego,  pola súa visita . 

Aquí vos deixamos un pequeno resumo da visita.