O CEIP Augusto Assía brilla na fase local de cross en Tintores
O alumnado do CEIP Augusto Assía completou unha magnífica participación na fase local de campo a través do programa Xogade, celebrada no circuíto de Tintores (Verín). Todos os nenos e nenas que acudiron á cita demostraron un gran esforzo, ilusión e compañeirismo, deixando moi alto o nome do colexio nesta xornada de deporte escolar.
Dende o centro queremos dar a enhoraboa a todos os alumnos e alumnas por participar e dar o mellor de si mesmos en cada carreira.
De xeito moi especial, felicitamos a Paula, Candela e Mireya pola súa clasificación para a fase provincial. Moito ánimo co adestramento e moita sorte nesta vindeira etapa; todo o colexio estará animándovos!