Aprendendo na Mezquita
CEIP Augusto Assía - A Mezquita
Benvidos!!!
Club de lectura "Os tres Reinos" alumnado de 4º, 5º e 6º EP, Xuño 2026
O alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria participou no club de lectura do mes de xuño onde o libro escollido foi " Magic Animals: a invasión das ras xigantes "
A lectura é tan importante que non deberiamos forzala, senón máis ben, inspirala.
Que fermosa imaxe ! O mércores, as 9:40 da maña, cando Gloria estaba na porta recibindo aos nenos e nenas que baixaban do autobús escolar, e os mestres estabamos abrindo as aulas, e o resto do centro, nos atopamos con esta fermosa imaxe.
Normalmente nese banco esta sempre o noso Champi (o cociñeiro) e algún mestre/a lendo ou comentando as noticias do períodico que acaba de chegarnos ...., pero este mércores, o Champi, debía estar atendendo un pedido que non estaba no banco . Así que , os noso peques de infantil, decidirón sentarse a esperarnos no banco, e facer o que nos ven facer habitualmente.
Que grandes son este peques!!
OBRADOIRO SOBRE AS XESTIÓNS DAS EMOCIÓNS 2026
Hoxe o alumnado de 4º , 5º e 6º de EP participou nun obradoiro sobre a xestión das emocións impartido por Nati, de Cruz Vermella.