Que fermosa imaxe ! O mércores, as 9:40 da maña, cando Gloria estaba na porta recibindo aos nenos e nenas que baixaban do autobús escolar, e os mestres estabamos abrindo as aulas, e o resto do centro, nos atopamos con esta fermosa imaxe.
Normalmente nese banco esta sempre o noso Champi (o cociñeiro) e algún mestre/a lendo ou comentando as noticias do períodico que acaba de chegarnos ...., pero este mércores, o Champi, debía estar atendendo un pedido que non estaba no banco . Así que , os noso peques de infantil, decidirón sentarse a esperarnos no banco, e facer o que nos ven facer habitualmente.
Que grandes son este peques!!