Hoxe iniciamos unha nova actividade para o fomento da lectura. Trátase das "Mochilas viaxeiras" , que irán de casa en casa con distintas lecturas para compartir con ilusión en familia.
Cada curso o equipo de biblioteca seleccionará diversos fondos ( ficción, información, comics, CDs, revistas, etc) en diversas linguas, en función da idade do alumnado ao que vai dirixida.
En cada mochila vai un cuestionario no que as familias e os nenos/as poden expresar a súa
opinión sobre os libros da mochila.
En cada mochila vai un cuestionario no que as familias e os nenos/as poden expresar a súa
opinión sobre os libros da mochila.