Nótase a chegada do outono polas rúas e parques, polo noso pobo, A Mezquita, pero tamén dentro do noso colexio. As nenas e os nenos de 1º , 2º e 3º de EP estamos a ambientar os diferentes espazos con motivos propios da estación do ano no que estamos. Empezamos decorando a porta da aula cun debuxo de Gorjuss na que empregamos follas que recollemos. Aprender asi tamén é divertido!