Fin de curso 2021

Como cada xuño, o ceip Augusto Assia colga o cartel de pechado por vacacións. Pero este ano queremos dicir que este curso non foi un curso calquera. Remata un curso moi complicado e tremendamente esgotador, sobretodo no aspecto emocional. Non foi doado chegar ata aquí. Imposible esquecer o primeiro día de curso cos nenos e nenas en liñas a metro e medio, o termómetro, o medo, a inseguridade, as máscarillas , o xel hidroalcohólico e a emoción contida . 

No obstante, rematamos o curso cunha gran lección aprendida: o éxito consistiu en camiñar xuntos. Xuntos, docentes e alumn@s aprendemos a impartir e a recibir clases dunha maneira diferente, con erros e acertos, pero fixémolo e fixémolo xuntos. Parecía imposible con tanto protocolo ( poucos confiabamos en setembro  que remataríamos o curso de forma presencial nas aulas) , pero conseguímolo.  Parecía imposible aguantar toda a xornada con mascarillas, cas fiestras e as portas abertas (especialmente no inverno). Parecía imposible con tanto lavarnos as mans, desinfectalas e desinfectar todo ( mesas, caderiras e todo o que tocabamos) , pero fixémolo e  nunca vos queixachedes. E é precisamente aquí  onde radica o éxito, a maxia  e o esencial da educación: e non, non somos superhéroes, somos extraordinariamente humanos.  

Despedímonos dunha promoción de alumnas e mestras que empezan outra etapa, que irán a outros centros e voarán  cara a ceos novos . Non podemos dicirche que atoparás un mundo perfecto e maravilloso pero si que non deixes de soñar e que loites polos teus soños. Nunca deixes que  ninguén che diga que non o vas a conseguir. 

Queridos alumnos, docentes e familias desexamos un Feliz verán e felices vacacións.