Debido á situación derivada do covid-19 non podemos, de momento, realizar a excursión á costa para coñecer os peixes, o marisco, a lonxa, etc . Por iso , hoxe fixemos a excursión de forma virtual e no centro grazas ao equipo de Aliméntate ben e a Ardora .
Entre as actividades realizadas están as seguintes:
Os de Infantil:
O marisqueo: Descubriron cunchas de diferentes moluscos bivalbos agochadas na area coa axuda de pas e rastrillos. Coñeceron os tamaños mínimos.
A continuación foron de pesca onde aprenderón o concepto de tamaño mínimo para as especies mariñas e mediante este xogo aprenderon a ser pescadores/as.
Posteriormente foron á lonxa: Simularon unha poxa.
Os de primaria:
Visionamos un video coas gafas de realidade virtual. A continuación posta en común.
Foron tamén de pesca e logo á lonxa.
Finalmente todo o alumnado disfrutou dun xantar/degustación elaborados con productos do mar onde previamente se lles explicou as propiedades nutricionais do peixe e dos productos do mar.
Agardamos que a situación sanitaria mellore nos próximos meses para poder realizar esta actividade de forma presencial indo de excursión á costa .
Aqui vos deixamos un resumo da actividade realizada hoxe no centro: